sábado, 31 de enero de 2009

temporal na costa da morte

Deixovos un video da galega cos efectos do temporal na costa da morte e de Galicia.


martes, 9 de diciembre de 2008

Camiños naturais na Costa da Morte

Medio Ambiente comeza a senda que unirá Laxe con Muros
A Costa da Morte contará cun carreiro pechado ao tráfico dun total de 160 quilómetros de percorrido

O conselleiro presentou a primeira fase das actuacións, entre Muxía e Fisterra, que arrincará en setembro

A Costa da Morte contará cunha senda forestal, afastada do asfalto, de preto de 160 quilómetros de percorrido que unirá Laxe con Muros. As obras do primeiro tramo dese camiño -que coincide en case todo o seu percorrido co Camiño de Santiago- comezarán no mes de setembro e unirán as localidades de Muxía e Fisterra.
Así o avanzou onte o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, nunha presentación celebrada no Concello de Muxía e na que tamén estiveron presentes os alcaldes de Muxía (Félix Porto) e Fisterra (José Manuel Traba) e a vicealcaldesa de Cee, Amancia Trillo. Vázquez destacou que a ruta da Costa da Morte percorrerá un das paraxes máis singulares de Galicia e apuntou que o primeiro tramo, de 28,1 quilómetros, estará listo na próxima primavera.
Os detalles do proxecto ofreceunos o director xeral de Conservación dá Natureza, Xosé Benito Reza, quen define as rutas -pensadas para facer a pé, dacabalo ou en bicicleta- como «unha alternativa para coñecer a fondo a paisaxe».
A da Costa da Morte será un das catro rutas a través de sendas que se abrirán en Galicia dentro da denominada Rede de Camiños Naturais de Galicia.
A primeira fase das obras na comarca custará algo máis de 600.000 euros. As actuacións levaraas a cabo a empresa Tragsatec. O representante da compañía, Fernando Ron, explicou onte en Muxía que no desenvolvemento do proxecto aproveitaranse moitos carreiros existentes, dividíndose as actuacións en dous partes, por unha banda a reparación e mantemento do firme, limpando e ensanchando cando faga falta, consolidando rasantes e preparando cunetas e sistemas de drenaxe. Custará preto de 457.000 euros.
Doutra banda actuarase na instalación de sinalización, cartelería e mobiliario de descanso, creando un área de descanso fronte ao cruceiro de Santa María de Morquintián, en Muxía.
«Este proxecto meterá á Costa da Morte na rede nacional de Camiños Naturais», dixo o conselleiro, o que suporá a súa aparición en guías e en actos promocionais. «É posible desenvolver ou país sendo respectuoso co medio», dixo Vázquez.

FERVENZA DO EZARO- RIO XALLAS


O periodo para poder ver esta beleza e os seu horarios son :
Entre o 21 de xuño e 21 de setembro
Sábados, pola noite, con iluminación De 23:00 e as 23:30 h.
Domingos De 12:00 a 14:00 h.

Días especiais
Abril, Venres, Sábado e Domingo da Semana Santa. De 12:00 a 14:00 h.
Maio, día 1. De 12:00 a 14:00 h.
Xuño, día 24. De 12:00 a 14:00 h.
Agosto, día 15. De 12:00 a 14:00 h.
Outubro, día 12. De 12:00 a 14:00 h.
Novembro, día 1. De 12:00 a 14:00 h.

viernes, 14 de noviembre de 2008

O prestige

O pasado día 13 cumpríanse 6 anos dunha das maiores catástrofes que sofreu a Costa da Morte, a “marea negra do Prestige”, aínda que algúns quixéronlle chamar o vertido do Prestige. Son os mesmos que dixeron que solo había uns “hilillos de plastilina”, que “o fuel acabaría solidificándose”, ou que “as praias están esplendorosas”. A min esto, por sorte ou por desgracia, tocoume moi cerca.
Estiven a traballar con Tragsa nas labores de limpeza. Traballei na zona de Carnota-Fisterra, e podo dicir que chegou moito fuel ou chapapote ás nosas costas que non se viu en imaxes polos medios de comunicación. Quedan moitas zonas que polo abrupto do noso terreo (cantís, coídos) non se poideron limpar ou tratar, e seguen albergando restos de chapapote, menos mal que temos unha costa con frecuentes temporais e ó final o mar acaba limpando as zonas de difícil acceso. As zonas accesibles, como todo o mundo sabe foron limpadas polos voluntarios, ós que lle debemos todo, por que sen eles a historía sería outra. Gracias á movilización dos voluntarios houbo conciencia social do problema, doutro xeito quedariamos illados coma sempre nunha esquina do Estado.
A reflexión principal é instar ós poderes públicos para que isto non se volva a repetir. Xa houbo un Casón, Exon- Valdés, Urquiola,Prestige. ¿Para cando outra marea negra?
Porque sinceramente creo que non se están poniendo os medios para evitalo.