viernes, 14 de noviembre de 2008

O prestige

O pasado día 13 cumpríanse 6 anos dunha das maiores catástrofes que sofreu a Costa da Morte, a “marea negra do Prestige”, aínda que algúns quixéronlle chamar o vertido do Prestige. Son os mesmos que dixeron que solo había uns “hilillos de plastilina”, que “o fuel acabaría solidificándose”, ou que “as praias están esplendorosas”. A min esto, por sorte ou por desgracia, tocoume moi cerca.
Estiven a traballar con Tragsa nas labores de limpeza. Traballei na zona de Carnota-Fisterra, e podo dicir que chegou moito fuel ou chapapote ás nosas costas que non se viu en imaxes polos medios de comunicación. Quedan moitas zonas que polo abrupto do noso terreo (cantís, coídos) non se poideron limpar ou tratar, e seguen albergando restos de chapapote, menos mal que temos unha costa con frecuentes temporais e ó final o mar acaba limpando as zonas de difícil acceso. As zonas accesibles, como todo o mundo sabe foron limpadas polos voluntarios, ós que lle debemos todo, por que sen eles a historía sería outra. Gracias á movilización dos voluntarios houbo conciencia social do problema, doutro xeito quedariamos illados coma sempre nunha esquina do Estado.
A reflexión principal é instar ós poderes públicos para que isto non se volva a repetir. Xa houbo un Casón, Exon- Valdés, Urquiola,Prestige. ¿Para cando outra marea negra?
Porque sinceramente creo que non se están poniendo os medios para evitalo.

No hay comentarios: