lunes, 29 de septiembre de 2008

ASOCIACIÓN NERIA COSTA DA MORTE
O topónimo Costa da Morte é herdeiro da crenza antiga de que Fisterra era a fin da terra e o punto a partir do cal xa non existía navegación cara ó Oeste.Era ademais, segundo a tradición dos antigos gregos e dos celtas, a rexión onde o sol desaparece a cotío, conducindo a barca de Caronte, cargada coas almas que Hermes (S. Roque) recollía en pequenos templos (ermidas) ao país dos mortos que o Deus-Sol é capaz de atravesar para aparecer nun novo día.A Costa da Morte exténdese polo noroeste peninsular, comprendendo os concellos costeiros de Cabana, Laxe, Camariñas, Muxía, Cee, Fisterra, Corcubión, Carnota; os concellos de Dumbría e Vimianzo, con saída ao mar; e os concellos interiores de Mazaricos e Zas. É unha terra de lendas sobre cidades sepultadas, de curandeiros que obran miragres, de supersticións e grandes devocións.É un país tinxido de igrexas románicas, pazos, castelos e monumentos megalíticos rodeados dunha natureza xenerosa. É o confín de Europa, onde o mar golpea unha paisaxe de acantilados abruptos, islotes e peñascos inmensos que serven de protección natural a unha terra codiciada pola súa riqueza e saqueada, ao longo dos séculos, por vikingos, piratas, escadras inglesas e francesas... escenario de naufraxios e afundimentos, nunha terra que, sobre todo, é símbolo de vida.É, sobre todo, unha terra poboada dende a antigüidade por xente esforzada e xenerosa que soupo extraer o mellor que unha natureza esixente lle daba e desenrolou unha cultura, a carón dela, que lles fai vivir con intensidade un tempo que se desgrana lentamente.http://www.neria.es/index_1_1_2.php

No hay comentarios: